Como blindar a miña empresa fronte aos #ciberataques? | Gaiástech

Como blindar a miña empresa fronte aos #ciberataques?

Streaming

É unha iniciativa enmarcada dentro do Programa Re-acciona,  que conta co piar fundamental de mellorar a competitividade das pemes galegas capacitándoas ante os novos retos do mercado. Un dos novos retos froito da era da dixitalización, é que o tecido empresarial poida garantir a seguridade da súa información e dos seus activos enfrontándose a unha contorna dixital segura. Coñece mais de preto a maneira de desafiar este novo reto apoiándote no servizo de “Definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade” que inclúe o Programa Re-acciona. Este servizo axudarache a través de tres liñas de defensa fundamentais: as persoas que forman parte da empresa, a tecnoloxía e os servizos de seguridade da empresa; e a transferencia do risco e da ameaza. 

Programa:

  • 12:30 horas. Benvida
  • 12:35 horas. Servizo Eixo de Dixitalización:
  • Dooing IT, axente colaborador
  • 12:45 horas. Caso de éxito Re-acciona.
  • 13:05 horas. Preguntas
     

Interveñen

Imparte:

Proxecto Re-acciona - IGAPE

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación.

reacciona

Cando?

16 de Decembro de 2021
12:30

Onde?

Streaming

Quen participa?

Proxecto Re-acciona - IGAPE