Coñeza como modernizar e mellorar a súa empresa co sistema de xestión ERP, SQL Pyme
O obxectivo da sesión é dar a coñecer como un sistema ERP integra e automatiza os principais procesos e datos da empresa nunha soa plataforma, facilitando deste xeito a xestión e organización da compañía.
Con independencia do sector ou actividade, un sistema de xestión ERP modular, altamente parametrizable e adaptado ás últimas normativas fiscais e legais supón un importante beneficio para calquera empresa. Neste evento presentaremos unha ferramenta ERP modular e altamente parametrizable coa cal empresas de calquera sector poden verse reflectidas. Actividades como distribución, venda retail, servizos técnicos, fabricantes ou empresas que xestionen proxectos terán oco neste webinar.
Programa:
- Introdución a un sistema de xestión ERP multisectorial.
- Ferramentas de mobilidade asociadas a un ERP.
- Business Intelligence.
- E- Commerce.
- CRM
- Trazabilidad avanzada de artigos.
- Servizos técnicos / SAT.
- Produción/fabricación.
- Proxectos.
- Compras, vendas e almacén.
- Finanzas e contabilidade.
- Quenda de preguntas.
Impartido por

Sonia Varela Pérez
É consultora de software con máis de 18 anos de experiencia no sector tecnolóxico e de consultoría ERP.

Cando?
27 Out 2022Onde?
Quen participa?
- Sonia Varela Pérez
Para quen?
Calquera peme