É a ciberseguridade só para grandes empresas? | Gaiástech

É a ciberseguridade só para grandes empresas?

Unha xornada virtual que dará resposta á seguinte pregunta: "Pensas que a ciberseguridade é cousa só das grandes empresas?" A cámara de Comercio de Santiago de Compostela, organiza coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal esta interesante xornada. O foco estará posto na sensibilización sobre a ciberseguridade nas empresas, grandes e pequena. Contarán tamén co apoio de CSIRT.gal, o centro de resposta a incidentes de ciberseguridade da Amtega - Xunta de Galicia, ademáis da colaboración do Departamento de Competitividade de Cámara España para o programa Ciberseguridade. 

Programa:

O  programa desta xornada centrarase nas seguintes liñas:

  • Actualidade da ciberseguridade
  • Quero mellorar a ciberseguridade do meu negocio

Ao finalizar a intervención, abrirase unha quenda de preguntas entre todos os participantes que desexen solventar as súas cuestións. 
 

Interveñen

Imparte:

Cámara de Comercio de Santiago de Compostela

A Cámara de Comercio de Santiago é unha corporación de Dereito Público, que ten como misión principal a representación e defensa dos intereses económicos xerais. A Cámara ten, polo tanto, un carácter transversal, estando facultada por lei para realizar aquelas actividades e servizos que sexan necesarios para a representación, promoción e defensa dos intereses xerais de comercio, industria, servizos e navegación das empresas da súa demarcación territorial. .

Impartido por

aula
Justo López Romero

Experto en Goberno, Risco e Cumprimento en materia de ciberseguridade. 

ciberseguridad

Cando?

16 de Decembro de 2021
11:00

Onde?

Streaming

Quen participa?

Cámara de Comercio de Santiago de Compostela Justo López Romero