#MesDDeseño | Creatividade para redes sociais con Canva.com
Streaming
NECESARIA INSCRICIÓN. A ligazón para seguir o evento envíase por correo electrónico
O obxectivo da sesión é deseñar un estilo identificativo do teu negocio nas publicacións de redes sociais.
Programa:
- Atopar inspiración para as nosas creacións
- Buscar o modelo adecuado para o noso proxecto
- Elección de cores e tipografías
- Como exportar o proxecto para a súa publicación
- Publicación e programación en redes sociais
Impartido por

Alberto Mandado Graña
Consultor especializado en deseño e comunicación, formado como deseñador gráfico na escola Aula D de Vigo. Desde 2019 forma parte do equipo creativo de EOSA, onde traballa en proxectos para todo tipo de clientes e soportes, tanto dixitais como tradicionais. Conta con máis de 10 anos de experiencia no ámbito do deseño explorando novas técnicas e tecnoloxías innovadoras para aplicar aos seus proxectos.
Máis Información

Cando?
01 Mar 2023De 17:00 a 19:00 H
Onde?
Streaming
Quen participa?
- Alberto Mandado Graña