Xornada de difusión da ciberseguridade 2022
O vindeiro xoves día 22, de 10:00h a 20:30h, o IES San Clemente organiza unha serie de actividades en relación coa ciberseguridade.
As actividades celebradas no horario de mañá, poderán ser seguidas en directo a través da súa canle de Youtube, non sendo necesario inscribirse previamente.
Para consultar todos os detalles, pódese visitar os seu espazo web: aquí
Programa:
Programa de mañá:
10:00 - 10:45 Exfiltración e canles C2C (Manuel González Regal, profesor e titor do curso de especialización en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información, no IES San Clemente)
10:45 - 11:30 Técnicas de persistencia (Xabier Rodríguez Blanco e Max Souto Reino, alumnos do ciclo superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede)
11:30 - 12:15 Principios Fundamentales do ENS – Mínimo Privilexio Necesario (Rafael Antonio Costa San Martín, exalumno do curso de especialización en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información, do IES San Clemente)
12:15 - 13:00 Ciberseguridade industrial e infrastruturas críticas (Daniel Tato Varela, enxeñeiro informático especialista en ciberseguridade industrial)
Programa de tarde:
16:30 - 17:15 “Ven recoller o teu agasallo”, charla sobre phishing (Juan Antonio Sánchez-Morate Bolaños, alumno do ciclo superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede a distancia)
17:30 - 20:30 Concurso CTF presencial e online (fóra de concurso, poden participar persoas alleas ao centro)
Interveñen
Organiza:
IES San Clemente
Máis Información

Cando?
Onde?