#CiberseguridadeTVG - Ana Fernández | Gaiástech

#CiberseguridadeTVG - Ana Fernández

Ana Vilas

No marco das accións da colaboración entre a CRTVG e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, realízanse unha serie de entrevistas con expertos na materia sobre a temática de ciberseguridade en distintos programas da TVG. Nesta entrevista no programa "Bos días", Ana Fernández, Directora dá Cátedra R en Ciberseguridade, fala sobre a importancia da concienciación en ciberseguridade e sobre a ciberseguridade como campo laboral. 

Ana Fernández afirma que son moi altos os esforzos feitos a nivel institucional para concienciar á poboación en ciberseguridade. Así mesmo, destaca a importancia de que o cidadán saiba a quen dirixirse cando pasa algo e que, aínda que o que pase non sexa de moita gravidade, é moi importande denuncialo. A través das páxinas web dos distintos organismos pódense facer denuncias anónimas para que outros se vexan beneficiados, axudando así á sociedade.  

Neste sentido, Ana Fernández indica que, a pesar de que a sociedade cada vez está máis concienciada en materia de ciberseguridade, un estudo realizado por ObservaCIBER en 2021, recolle que o 40% dos cidadáns ten hábitos de risco e sábeo.

En canto á ciberseguridade como campo laboral, afirma que a pesar de que hai moito talento, o problema é a captación. A nivel universitario existen problemas para captar vocacións STEM xa que os estudantes non perciben a enxeñaría como unha carreira atractiva. Neste sentido, afirma que tanto as administracións como as universidades están a facer o esforzo de captar talento neste sector e achegar a profesión aos máis novos. 

Para ver a entrevista  completa, presionar: aquí e visualizar no minuto 09:59