#CiberseguridadeTVG - Gustavo Suárez | Gaiástech

#CiberseguridadeTVG - Gustavo Suárez

Gustavo Suarez

No marco das accións da colaboración entre a CRTVG e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, realízanse unha serie de entrevistas con expertos na materia sobre temática de ciberseguridade en distintos programas da TVG. Nesta entrevista no programa "Bos días", Gustavo Suárez Pertierra, Presidente de UNICEF España, destaca a importancia de atender a actual contorna dixital á que se expoñen os mozos. 

Gustavo Suárez sinala que UNICEF, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela e o Colexio Xeral de Informáticos de España, fixo un estudo cunha mostra importante de estudantes de secundaria que "arroxa unha análise da sociedade sorprendente". 

Neste sentido, sinala que máis do 95% dos mozos españois ten un instumento informático conectado á rede, que o 90% se coneta todos os días e que o 30% pásase 5 horas diarias conectado. 

Sen dúbida, isto é unha realidade que hai que atender, xa que o acceso ás redes e a innovación tecnolóxica tamén constitúen un risco que tanto a sociedade, como os poderes públicos e as familias deben ter persente. 

Para ver a entrevista completa, acceder: aquí e visualizar a partir do minuto 8:05.