#CiberseguridadeTVG - Inés Amor | Gaiástech

#CiberseguridadeTVG - Inés Amor

Inés

No marco das accións da colaboración entre a CRTVG e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, realízanse unha serie de entrevistas con expertos na materia sobre a temática de ciberseguridade en distintos programas da TVG. Nesta entrevista no programa "A Revista", Inés Amor, portavoz da Policía Nacional falou das estafas a través da rede, tanto a particulares como a empresas.

Cada vez son máis os ciberdelitos de usurpación de identidade. 

Na primeira parte desta entrevista, Inés Amor expuxo o caso dunha nova vítima de roubo de identidade a través das redes sociais. A moza usou o móbil dun amigo para entrar nos seus perfís sociais e este aproveitou para vincular a conta ao seu teléfono e posteriormente usurparlle a identidade para fins comerciais.

A portavoz da Policía Nacional insistiu na importancia de coidar tanto as imaxes que se difunden en redes como as que se envían a coñecidos, posto que se descoñece o seu posible uso por parte de terceiras persoas. 

Para rematar, Inés Amor advertiu doutro ciberdelito moi común na actualidade, onde o delincuente ofrece servizos falsos para enganar á vítima e acceder ao seu ordenador co fin de conseguir todo tipo de información. 

Para ver a entrevista completa, acceder aquí e visualizar no minuto 22:02.