Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

#CiberseguridadeTVG - Roberto González | Gaiástech

#CiberseguridadeTVG - Roberto González

Roberto González

No marco das accións da colaboración entre a CRTVG e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, realízanse unha serie de entrevistas con expertos na materia sobre a temática de ciberseguridade en distintos programas da TVG. Nesta entrevista no programa "Bos días", Roberto González, Policía Nacional e Secretario Xeral do Sindicato Unificado de Policía en Galicia, fala sobre as ciberameazas e as medidas preventivas. 

Nesta entrevista a Roberto González, expúxose a necesidade por parte da sociedade de coñecer as vulnerabilidades no uso da rede, así como a adopción dos medios preventivos necesarios para non ser vítimas dun ciberdelito. 

Neste sentido, Roberto destaca que unha das misión da policía é tratar de concienciar aos cidadáns de que hai que utilizar a rede cunhas medidas de seguridade mínimas. 

Para rematar a entrevista, cita algunhas medidas básicas de prevención:

1. Facer consultas externas a través doutros buscadores sobre a veracidade de certos mensaxes

2. Non aportar datos a ningunha persoa na rede

3. Cambiar os contrasinais cada pouco tempo e actualizar os servizos infromáticos

Para ver a entrevista completa, premer: aquí e visualizar no minuto 35:13