Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Consegue unha maior visibilidade da túa empresa cos servizos gratuítos do GaiásTech | Gaiástech

Consegue unha maior visibilidade da túa empresa cos servizos gratuítos do GaiásTech

gaiástech
  • O polo de desenvolvemento de tecnoloxías disruptivas de Galicia ofrece gran variedade de actividades e servizos de balde ás empresas TIC.
  • O GaiásTech é un lugar, físico e virtual, no que se concentran, mestúranse e tecen novos proxectos de todas as capacidades TIC da comunidade.
  • Confórmase como un escaparate sen fronteiras para o tecido empresarial e o coñecemento sobre TIC que se xeral en Galicia

Consulta os servizos do Centro GaiásTech:

1. O servizo de presentacións e demostracións do GaiásTech ofrece gratuitamente ás empresas TIC os medios precisos para amosar as súas solucións de xeito presencial, por internet ou mixtas. As sesións poden ser de duración variable: curtas (apropiadas para internet) e máis longas (apropiadas para actos presenciais). As sesións presenciais poden facerse nos espazos do GaiásTech, na rede de Aulas CeMIT (93 aulas) ou na propia sede da entidade. Nas sesións por streaming, os seguidores/as poden facer en directo as súas preguntas a través do chat habilitado para iso.

  • Que ofrecemos?
    • Deseño da cartelería de difusión do acto destacando a imaxe da empresa
    • Difusión do acto: convocatoria, mailings, notas de prensa, redes sociais, boletín etc.
    • Xestión das inscricións e confirmacións de asistencia
    • Retransmisión por internet en directo (streaming) 
    • Gravación da sesión e difusión posterior da mesma
    • Entrega dun informe de satisfacción / interese dos asistentes 
    • Posibilidade de facer conexións remotas con relatores en localizacións distantes
    • Dispoñibilidade do equipamento necesario: portátiles, proxectores, cámaras etc.
    • Dispoñibilidade de espazo físico. GaiásTech e outros espazos públicos
    • Orientación para organizar o desenvolvemento do acto

2. Mapa de capacidades Dixitais de Galicia. Trátase dun directorio de axentes tecnolóxicos de Galicia con experiencia, coñecemento e competencias dixitais, especialmente nas tecnoloxías disruptivas. Podes rexistrar de maneira gratuita a túa empresa para conseguir unha maior visibilidade.

3. Xemelgo Virtual, grazas ao que se pode interactuar co persoal que xestiona GaiásTech. Nel pódese consultar a axenda tecnolóxica de Galicia, dispón dos seus propios espazos virtuais e actividades e permite a retransmisión e participación non presencial en calquera actividade.

4. GaiásTech Cloud, as empresas poden facer probas de software na nube, demostracións de solucións tecnolóxicas, reservas de espazos e desenvolver xornadas telemáticas. 

5. Boletín de novidades. Publicación electrónica quincenal que informa das últimas novas tecnolóxicas e dos actos de temática tecnolóxica.

6. Axenda Tecnolóxica, publicación de eventos tecnolóxicos do ámbito galego, español e internacional.

Consulta o resto dos servizos en https://gaiastech.xunta.gal/gl/servizos ou solicita información directamente en gaiastech@xunta.gal