A convocatoria do Kit Dixital dirixida a empresas do II segmento abrirase o 2 de setembro | Gaiástech

A convocatoria do Kit Dixital dirixida a empresas do II segmento abrirase o 2 de setembro

Kit Dixital

Red.es anunciou que o día 2 de setembro, ás 11:00h ábrese o prazo da solicitude do bono para as empresas dentro do Segmento II, aquelas que contan con entre 3 e 9 empregados (ambos inclusive). Esta convocatoria conta coa novidade de que subvenciona dispositivos hardware, a condición de que estea directamente relacionado coa solución a implantar (un portátil/tablet/movil, por exemplo, non serían subvencionables).

O importe máximo de axuda por beneficiario será de seis mil euros (6.000 €).