Curso de Experto en Tecnoloxías Cuánticas da Información.
Trala primeira revolución cuántica, que levou ao desenvolvemento dos láseres e dos semicondutores, actualmente a ciencia está inmersa na segunda revolución cuántica que quere aproveitar todo o control acadado nas últimas décadas na manipulación de sistemas cuánticos individuais, para mellorar significativamente as tecnoloxías que empregamos para almacenar, procesar e transmitir información.
Entre as principais aplicacións que se albiscan, están os computadores cuánticos; que permitirán, entre outras cousas, resolver problemas matemáticos de forma exponencialmente máis rápida que os seus análogos clásicos, simular con precisión sistemas físicos complexos, ou deseñar eficientemente moléculas e fármacos; e as comunicacións cuánticas, que garantirán a seguridade das comunicacións independentemente da capacidade computacional dun posible atacante.
Este curso pretende introducir ao alumnado nestas novas tecnoloxías que serán imprescindibles nos próximos anos, e dar resposta á demanda empresarial que require de profesionais competentes en tecnoloxías cuánticas.
O principal obxectivo do título é ofrecer unha base sólida de coñecementos actualizados sobre as tecnoloxías cuánticas da información, facendo especial énfase na computación e nas comunicacións cuánticas.
O curso é autocontenido e non asume ningún coñecemento previo de mecánica cuántica ou de teoría clásica da información. Os coñecementos teóricos impartidos se levarán á práctica a través da realización de exercicios e a realización dun traballo fin de curso.
Programa
Módulos teóricos
- Fundamentos de Información Cuántica (6 ECTS)
- Computación cuántica (6 ECTS)
- Comunicación cuántica e critografía cuántica (6 ECTS)
- Traballo final de curso (3 ECTS)
Módulos de titorías
- Resolución de dúbidas e de consultas previa cita co profesorad
Datos básicos
- Número de prazas: 25
- Do 1 de febreiro de 2023 ao 4 de setembro de 2023
- Número de créditos: 21 ECTS
- Número de horas de docencia: 162,2 horas
- Linguaxe de impartición: castelán
- Modalidade de ensino: mixta. As materias impartiránse presencialmente na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e tamén poderán ser seguidas de forma online a través do Campus Remoto e Moovi
- Horario: mércores e xoves, de 16:00 h a 20:00 h, e venres, de 16:00 h a 19:00 h
- Coordinador académico: Marcos Curty
- Contacto: 986 818615 | mcurty@com.uvigo.es
Persoas destinatarias
Orientado a titulados universitarios de primeiro e segundo ciclo nos campos da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría ou as matemáticas, e a profesionais do sector TIC que reúnan os requisitos de habilitación de acceso á Universidade