Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Esta semana abre a convocatoria do Kit Dixital dirixida a empresas do II segmento | Gaiástech

Esta semana abre a convocatoria do Kit Dixital dirixida a empresas do II segmento

kit segundo segmento
  • O día 2 de setembro, ás 11:00h, abrirase o prazo da solicitude do bono para as empresas dentro do Segmento II (entre 3 e 9 empregados - ambos inclusive)
  • Importe máximo de seis mil euros (6.000 €)
  • Nesta convocatoria subvencionaranse dispositivos hardware

Red.es anuncia que o día 2 de setembro, ás 11:00h, abrirase o prazo da solicitude do bono para as empresas dentro do Segmento II, aquelas que contan con entre 3 e 9 empregados (ambos inclusive).

Esta convocatoria conta coa novidade de que subvenciona dispositivos hardware, a condición de que estea directamente relacionado coa solución a implantar (un portátil/tablet/movil, por exemplo, non serían subvencionables).

O importe máximo de axuda por beneficiario será de seis mil euros (6.000 €).

O pasado 29 de xullo, publicábase no BOE unha Disposición pola que se modificaban as bases de dita convocatoria; neste eixo, dende Red.es fixeron público un vídeo público no que explican de maneira detallada as modificacións das bases do Kit Dixital: https://www.youtube.com/watch?v=QvFrB4PQH-w&ab_channel=Redpuntoes

 

 

Eres un Axente Dixitalizador e queres presentar as túas solucións do Kit Dixital? Desde o GaiásTech axudámosche a difundir nun acto público (presencial, streaming ou híbrido) as túas solucións tecnolóxicas do Kit Dixital para localizar clientes potenciais que soliciten o Bono Dixital:

kit

Contáctanos a través de gaiastech@xunta.gal ou no 881 995200