Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Este novembro terá lugar a segunda edición de CyberSec@Gal, o foro galego sobre seguridade na empresa dixital | Gaiástech

Este novembro terá lugar a segunda edición de CyberSec@Gal, o foro galego sobre seguridade na empresa dixital

CyberSec@Gal

O evento, impulsado por R, o CPEIG, a UDC, a UVigo e o CITIC tratará temas de actualidade como a ciber-protección de datos, servidores e comunicacións e a normativa, solucións, retos e ameazas no campo da seguridade do universo dixital no teletraballo.

Desenvolverase do 2 ao 5 de novembro. Nas dúas primeiras xornadas celebraranse talleres online destinados a estudantes do SUG (Sistema Universitario Gallego) e Formación Profesional co obxecto de captar talento en ciberseguridade. A terceira xornada orientarase a un perfil máis específico, cunha charlae o lanzamento dun ciber-Reto online para nup e prol cun premio. A cuarta xornada, desenvolta de forma semipresencial, vai dirixida ao ecosistema empresarial galego e, baixo o título “Riscos no teletraballo” contará con expertos internacionais e cunha mesa redonda específica nesta temática. Ao peche do evento presentaranse os premios de CyberSec@GAL aos mellores traballos académicos a nivel Grao, Máster e Doutoramento na área da ciberseguridade e no ámbito do SUG.

Máis información en: https://catedrarciberseguridade.com/cybersec_gl.html