Gradiant e atlanTTic organizarán en Vigo as JNIC 2023 | Gaiástech

Gradiant e atlanTTic organizarán en Vigo as JNIC 2023

jnic
  • As Xornadas Nacionais de Investigación en Ciberseguridade (JNIC) son o congreso científico de referencia que serve como punto de encontro onde os diversos actores que traballan no ámbito da investigación en ciberseguridade (universidades, centros tecnolóxicos e de investigación, empresas, e administración pública) poden intercambiar coñecemento e experiencias co obxectivo común de potenciar a investigación no ámbito da Ciberseguridade a nivel nacional.
  • O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic (Universidade de Vigo) e o Centro Tecnolóxico Gradiant, ambos axentes adheridos ao nodo CIBER.gal, serán os organizadores da próxima edición das ‘Jornadas Nacionales de Investigación en Ciberseguridad’, (JNIC 2023).
  • O evento celebrarase en Vigo no mes de xuño do vindeiro ano. Investigadores, investigadoras e profesionais de toda a xeografía nacional presentarán o resultado das súas investigacións científicas desde diversas perspectivas cun nexo común: a ciberseguridade.

JNIC, Xornadas Nacionais de Investigación en Ciberseguridad,  é un congreso científico, impulsado polo Instituto Nacional de Ciberseguridad (INCIBE), que promove o contacto, intercambio e discusión de ideas, coñecementos e experiencias entre a rede académica e a de investigación por unha parte, e profesionais e empresas por outra. Serve de escaparate dos últimos avances científicos na materia e materializa un foro de debate no que presentar perspectivas e enfoques innovadores en ciberseguridade, posibilitando a conexión entre a acción investigadora e innovadora e o desenvolvemento de produtos e servizos de valor para a sociedade.

O Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) colabora na realización destas Xornadas. INCIBE é a entidade de referencia nacional para o desenvolvemento da ciberseguridade e da confianza dixital de cidadáns, rede académica e de investigación, profesionais, empresas e especialmente para sectores estratéxicos. É misión de INCIBE apoiar a I+D+i para xerar coñecemento e tecnoloxía que faga fronte ás necesidades e retos que expoñen as ciberamenazas e ciberataques.

Nesta próxima edición, as JNIC 2023 serán acollidas e celebradas en Galicia, organizadas polo Centro Tecnolóxico Gradiant e atlanTTic (Universidade de Vigo). Nelas, investigadores e profesionais de diferentes puntos da xeografía nacional presentarán o resultado das súas investigacións científicas desde diversas perspectivas cun nexo común: a ciberseguridade. Nesta próxima edición, 

Próximamente irase publicando a información pertinente no espazo web oficial das JNIC 2023. Estade atentos para non perder ningunha nova!

Fuente: JNIC 2023