Publicada a terceira convocatoria de axudas do programa Kit Dixital

O 20 de outubro iniciarase o prazo de presentación das solicitudes a través da sede electrónica de Red.es e estará aberto durante 12 meses.
Red.es publica a terceira convocatoria de axudas destinadas á dixitalización de pequenas empresas de entre 0 e menos de 3 empregados (segmento III). Pódese consultar a convocatoria na seguinte ligazón: https://boe.es/boe/dias/2022/10/12/pdfs/BOE/BOE-B-2022-31240.pdf
Na convocatoria detállanse os requisitos para solicitar as axudas, as obrigacións que contraen os beneficiarios, os importes máximos de axuda por cada categoría de solucións de dixitalización, a xustificación, o pago e control da implantación das solucións, entre outras materias importantes. Esta terceira convocatoria conta cun orzamento inicial de 500 millóns de euros e ten por finalidade a mellora da competitividade e do nivel de madurez dixital de empresas deste segmento.
En canto ás novidades respecto a a convocatoria 2, son relativas a quen non poderá ser beneficiario, xa que inclúen, que:
- Non permitirá que sexan beneficiarios persoas en situación de autoemprego que teñan a consideración de autónomos societarios ou autónomos colaboradores.
- Tampouco o serán as persoas físicas ou xurídicas que obtivesen a condición de beneficiarias nalgunha das convocatorias do kit dixital.
- Nin poderán ser beneficiarias as Unións temporais de empresas (UTE)
A contía da axuda para este segmento será de 2.000€ e con ela as pemes e autónomos poderán adquirir as solucións de dixitalización para áreas crave como: sitio web e presenza na internet, xestión de redes sociais, comercio electrónico; a xestión de clientes; servizos e ferramentas de oficina virtual, intelixencia empresarial e analítica, xestión de procesos, factura electrónica, comunicacións seguras, ciberseguridade, e as dúas novas solucións de dixitalización que se engadiron coa modificación da orde de bases: presenza avanzada na internet e marketplace.
Será a partir do 20 de outubro ás 11 horas cando as pequenas empresas de entre 0 e menos de 3 empregados poidan solicitar a axuda do programa Kit Dixital a través da sede electrónica de Red.es (https://sede.rede.gob.es). O prazo para presentar as solicitudes manterase aberto durante 12 meses.
Pódese consultar toda a información sobre o Kit Dixital na páxina de Axudas á dixitalización.