"Vacínate contra os coronabulos:protéxete dos ciberataques", exitosa iniciativa da Amtega para capacitar ao púbico senior contra os ciberataques | Gaiástech

"Vacínate contra os coronabulos:protéxete dos ciberataques", exitosa iniciativa da Amtega para capacitar ao púbico senior contra os ciberataques

CeMIT
  • A Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia promove o programa de charlas formativas "Vacínate contra os coronabulos: protéxeche dos ciberataques”
  • O programa formativo desenvolveuse con once sesións preseciais e dúas en liña, enfocadas principalmente ao público senior
  • Estas xornadas nacen co obxectivo de dar a coñecer a forma na que os cibercriminais tratan de manipular a información, así como os mecanismos de prevención. 

As aulas da Rede CeMIT acolleron, entre os meses de xullo e novembro e baixo o lema " Porque en ciberseguridade cada click, conta" un programa de charlas formativas en ciberseguridade: “Vacínate contra os coronabulos: protéxeche dos ciberataques” promovidas pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia.

En concreto realizáronse once sesións presenciais de 1h 30 minutos, nas distintas aulas CeMIT de Ortigueira, Boiro, Abegondo, Leiro, Fisterra, Ponteareas, Cuntis, Oroso, Ribadeo, Vigo e no Centro GaiásTech da Cidade da Cultura. 

Con estas sesións, destinadas especialmente ao público senior, fíxose un repaso polos mecanismos de desinfomación aos que nos vemos sometidos cada día. Coa análise dun caso real, puidéronse abordar os obxectivos que perseguen as noticias falsas, así como os mecanismos necesarios para detectalas. Ademais, fíxose unha exposición das principais estafas ás que nos podemos enfrontar na contorna dixital (phishing, compras na rede, alugueiros vacacionais, compravenda de produtos, sextorsión…) xunto cos mecanismos para previlas.

Esta iniciativa tivo unha boa acollida e un elevado grao de satisfacción dos asistentes ás mesmas. A temática e contido resultou ser de gran interese para o colectivo participante, así como a dinámica empregada polo formador.