Xa está aquí #CiberEsther! | Gaiástech

Xa está aquí #CiberEsther!

ciberEsther
  • O Nodo CIBER.gal, en colaboración coa Corporación Radio e Televisión de Galicia, lanza a iniciativa #CiberEsther, unha campaña de sensibilización e capacitación sobre o uso seguro de novas tecnoloxías enmarcada no programa #DigochoEU.
  • Cada domingo será publicado un novo vídeo con palabras con ciber- no marco do #DígochoEu.

No marco do Nodo Gallego de Ciberseguridade CIBER.gal, e en colaboración coa Corporación Radio e Televisión de Galicia arranca unha nova iniciativa de concienciación, capacitación e formación no ámbito da seguridade da información na contorna dixital: #CiberEsther.

O mundo actual e toda a súa sociedade está conectada dixitalmente, polo que o uso seguro das tecnoloxías da información é vital para protexer os datos e a información da cidadanía nunha contorna dixital globalizada.

O goberno electrónico, comercio electrónico, a comunicación, banca en liña, e os servizos de saúde en liña son parte da vida cotiá. A información que manexamos é sensible e débese protexer para non caer nas múltiples ameazas cibernéticas. 

Toda a sociedade é vulnerable ás ameazas de seguridade cibernética: roubo de identidade, de credenciais, explotación infantil, acoso cibernético, ameazas internas, suplantación de identidade (phishing)…

Coa posta en marcha desta campaña, o Nodo CIBER.gal persegue os seguintes obxectivos:

  • Concienciar a toda a cidadanía galega sobre a importancia da ciberseguridade no seu día a día.

  • Trasladar coñecementos básicos de ciberseguridade para xerar unha cultura de seguridade dixital entre a cidadanía.

  • Mellorar as capacidades da cidadanía no uso da tecnoloxía dixital, mudando os malos hábitos considerados como inseguros por comportamentos seguros respecto a a protección de información no mundo dixital.

  • Chamar a atención da cidadanía e xerar alerta das ciberameazas existentes.

  • Visibilizar ante a poboación a aposta da Administración Pública Autonómica pola seguridade dixital.

Cada domingo, o programa DígochoEu publica un novo vídeo relacionado coa seguridade na nova contorna dixital.

Todos os vídeos pódense consultar na lista de reprodución do Nodo CIBER.gal da canle de Youtube do Centro Gaiás Tech. 

Ademais, na sección de "Recursos" da páxina web do Nodo CIBER.gal publicaranse todos eles.