XI Xornada de Informática Xudicial e delitos informáticos, IURISTICGAL 2022 | Gaiástech

XI Xornada de Informática Xudicial e delitos informáticos, IURISTICGAL 2022

Iuristigal
  • A Cidade da Cultura de Galicia acollerá, o vindeiro xoves 20 de outubro, a undécima edición de Informática Xudicial e delitos informáticos
  • Esta actividade enmárcase no contexto do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, baixo o paraugas do Convenio de Colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia
  • A xornada informará e concienciará aos xuristas e outros profesionais forenses sobre as últimas iniciativas postas en marcha para impulsar a modernización xudicial
  • Temas como a investigación de ciberdelitos e a importancia da ciberseguridade, serán puntos destacados e centrais neste encontro

No marco do Convenio de Colaboración asinado entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) para a realización de actuacións de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia, celébrase a XI Xornada de Informática Xudicial e delitos informáticos.

Esta actividade está enmarcada no contexto do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, e estará enfocada en torno ao novo modelo de interacción dixital no que xorden grandes oportunidades e retos para a Administración de Xustiza. 

Esta edición celebrarase de maneira presencial e en horario de mañá no Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, e estará formada por cinco relatorios e unha mesa de debate aberta á participación de todos os asistentes. 

Esta xornada acollerá o diálogo sobre a modernización do sistema xudicial, onde se informará e concienciará aos xuristas e outros profesionais forenses sobre as últimas iniciativas postas en marcha para impulsar a modernización xudicial. Ademais, desenvolverase como eixo temático destacado, a investigación dos ciberdelitos, profundando nas posibilidades que ofrece este novo mundo para o sistema xudicial. 

Abordaranse tamén outras temáticas como a dixitalización da Administración de Xustiza en Galicia ou o estado actual e futuro do sistema xudicial e a defensa dos dereitos fundamentais no mundo dixital.

O programa é o seguinte: 

  • 8:45h- Acreditación
  • 9:00h- Apertura
    • MARCOS MATA, Presidente do CPETIG
    • JULIÁN CERVIÑO, Director da AMTEGA 
    • JOSÉ TRONCHONI, Director Xeral de Xustiza 
  • 9:20h- Estado actual e futuro da modernización da xustiza 
    • JOAQUÍN DELGADO MARTÍN
  • 9:50h- Plan Senda 2025 - Dixitalización da Administración de Xustiza en Galicia
    • MARÍA JOSÉ GARCÍA SEXTO - AMTEGA
  • 10:20h-  Defensa dos dereitos fundamentais nun mundo plenamente dixital
    • OFELIA TEJERINA
  • 10:50h- Descanso
  • 11:20h- Proba electrónica e Intelixencia artificial ante unha Xustiza plenamente Dixital
    • ELOY VELASCO
  • 11:50h- A investigación dos ciberdelitos nunha realidade que evoluciona cara ao metaverso
    • SANTIAGO REBOYRAS MARTÍNEZ
  • 12:20h- O Dereito e a Tecnoloxía, enténdense como deberían?
    • VÍCTOR SALGADO

Para poder asistir a celebración do evento será necesario inscribirse a través da páxina web do evento.