Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

A Xunta pon en marcha obradoiros de verán co obxectivo de incentivar vocacións tecno-científicas entre as nenas | Gaiástech

A Xunta pon en marcha obradoiros de verán co obxectivo de incentivar vocacións tecno-científicas entre as nenas

steam niños
  • As actividades desenvolveranse durante os meses de xullo, agosto e setembro nas aulas da Rede CeMIT de 14 concellos galegos e unha sesión adicional no centro GaiásTech
  • Están dirixidos a escolares de entre 8 e 15 anos, repartidos en grupos dun máximo de 15 persoas
  • Os obradoiros teñen por obxectivo estimular o talento no ámbito das TIC e espertar vocacións tecno-científicas, sobre todo entre as nenas
  • Girl STEAM conta coa colaboración do Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia promove durante o verán un novo ciclo de obradoiros Girl STEAM en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), co obxectivo de dar visibilidade ao rol da muller no eido tecnolóxico e fomentar a presenza das mulleres nas carreiras STEAM.

As actividades desenvolveranse entre os meses de xullo, agosto e setembro a través da realización de obradoiros de carácter práctico e presencial nas aulas CeMIT de 16 concellos de toda Galicia. Este novo ciclo de obradoiros dará comezo o vindeiro 4 de xullo na aula CeMIT de San Sadurniño. Posteriormente, haberá obradoiros en Leiro, Betanzos, Ribeira, Ortigueira, A Estrada, Oroso, Celanova, Cuntis, Guitiriz, Valga, Barreiros, Ribadeo e Vigo. Adicionalmente, tamén, se celebrará un obradoiro no Centro GaiásTech na Cidade da Cultura.

Cada concello contará con dúas quendas por idade, unha para escolares de 8-11 anos e outra para idades comprendidas entre os 12-15 anos, cun aforo máximo de 15 persoas por quenda.
 

Contidos dos obradoiros

Desenvolveranse obradoiros de experimentación tecnolóxica na que o alumnado de menor idade elaborará unha peza audiovisual en formato ‘stop motion’ a partir dun circuíto de luces led elaborado por elas mesmas. Por outra banda, as persoas participantes de 12 a 15 anos experimentarán coa creación de tecidos intelixentes, mediante a programación de sensores cun arduino para construír un proxecto sobre unha prenda téxtil que reaccione a cambios de distancia, luz, inclinación etc.
 

Empoderar ás rapazas nos eidos STEAM

Trátase de impulsar actividades de mentorado desde idades temperás dirixidas ás rapazas, para espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM (siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Artes e Matemáticas) e apostar por profesións do ámbito TIC.

No desenvolvemento dos obradoiros búscase trasladar mensaxes e elementos transversais como a igualdade, o sentido crítico ante a tecnoloxía e o uso creativo da mesma, a colaboración, o traballo en equipo e a importancia das artes como ferramenta de desenvolvemento.

Esta actividade enmárcase no Convenio de colaboración de carácter anual entre a Amtega e o CPETIG co obxectivo de estimular o talento no ámbito das TIC e espertar vocacións tecnocientíficas.

Calendario de realización dos obradoiros

Fuente: Amtega