FacturaScripts

FacturaScripts é un software de planificación de recursos empresariais (EPR) e de administración da relación cos clientes (CRM) open source, licenciado baixo a LGPL, pensado para as PEMES, autónomos ou asociacións.

FacturaScripts ten a capacidade de, segundo estamos a crear unha factura ou albarán, engadir clientes ao noso listín, productos no noso catálogo e mesmo xerar asentos contables. Prezos de custo e de venda son tamén calculados no momento sen que o usuario se teña que preocupar. Ten tamén a capacidade de xerar presupostos que posteriormente se poden convertir en pedidos, albaráns e/ou facturas.
Entre as características mais salientables:
- Xestión de clientes.
- Creación de facturas e albaráns.
- Catálogo de produtos.
- Orzamentos.
- Xeración automáticas de asentos contables.
- Accesible.
Debido a que é accesible mediante unha web, as persoas usuarias terán acceso aos datos, así como plena capacidade de xestión dende calquera dispositivo con acceso a Internet e un navegador web.
Catálogo de plugins e actualizacións
A comunidade arredor de FacturaScripts é moi activa. Isto tradúcese en actualizacións e melloras case constantes, así como tamén nun grande catálogo de plugins que melloran e amplían as capacidades do núcleo principal do software. Servizos, remesas bancarias, automoción, veterinaria, conectores con outros software de compra e venda como PrestaShop ou WooCommerce, etc.
Para solicitar este servizo contacte co GaiásTech