Nextcloud, servizo de almacenamento e compartición de ficheiros na nube | Gaiástech

Nextcloud, servizo de almacenamento e compartición de ficheiros na nube

Aplicación Cloud

Nextcloud é un dos máis populares aplicativos de creación de nubes persoais ou privadas; é dicir, é unha solución para a creación dun servizo de almacenamento e compartición segura de ficheiros na nube, unha alternativa a servizos como Dropbox ou Google Drive.

Esta solución naceu en Abril do 2016 como unha bifurcación de OwnCloud liderada polo creador orixinal do mesmo, deixando así a empresa que creara 6 anos atrás. O seu obxectivo era que o proxecto fóse máis aberto á comunidade. Dende entón ten evolucionado e presenta pequenas diferencias con respecto á solución OwnCloud e ten unha ampla comunidade de desenvolvedores que o avalan.

Entre as funcionalidades de Nextcloud destacan:

  • Sincronización de arquivos entre divAlmacenamento compartido de ficheiros na nube.
  • Calendario compartido.
  • Capacidade de edición colaborativa en liña de documentos.
  • Xestión de contactos.
  • Control de cambios: leva un rexistro dos cambios realizados nos ficheiros polos distintos usuarios.
  • Visor de documentos: visualización de ficheiros en formato estándar aberto OpenDocument dende a interface de Nextcloud.
  • Cartafoles públicos: posibilidade de compartir un cartafol publicamente con usuarios non rexistrados no servidor de Nextcloud.

Nextcloud é software libre, dispón de aplicacións de cliente multiplataforma (GNU/Linux, Mac OsX, Windows) así como clientes para dispositivos Android ou iOS e está dispoñible integramente en galego.

Maior seguridade e control dos datos da empresa

Unha das vantaxes principais, fronte a outros servizos como Dropbox ou Google Drive, é que con esta solución a empresa mantén o control e a seguridade dos seus datos, o que fai máis doado garantir o cumprimento da Lei de protección de datos.

Con Nextcloud a empresa dispón do seu propio servizo onde almacenar, controlar e sincronizar os seus ficheiros entre múltiples dispositivos e compartilos cos seus compañeiros de traballo, clientes, amigos... e todo baixo os seus propios criterios de privacidade, seguridade, políticas de uso, seguimento etc. Desta forma, non se está a ceder o control dos ficheiros e os datos persoais a grandes organizacións cos seus particulares termos de servizo, os seus intereses comerciais e mesmo estar suxeitos á “Patriot Act”, pola que as autoridades dos Estados Unidos poderían solicitar acceder aos datos.

Máis información en: https://nextcloud.com/

Post en Mancomún (https://www.mancomun.gal/noticias/pilula-para-o-teletraballo-control-e-…)

Para solicitar este servizo contacte co GaiásTech