Odoo | Gaiástech

Odoo

Xestión dixital

Odoo é un sistema de código aberto de xestión empresarial ERP (Entreprise Resource Planning nas súas siglas en Inglés).

Destaca por ser un ERP moi sinxelo pero tamén moi potente e altamente personalizable e adaptable grazas á grande cantidade de módulos dispoñibles, que poden ser integrados como plugins.

Algúns dos módulos máis destacables que trae por defecto son:

  • Xestión de compravenda.
  • Xestión de proxectos.
  • Xestión de almacéns e inventario.
  • Contabilidade analítica e financeira.
  • Xestión de recursos humanos.
  • Campañas de mercadotecnia.

Odoo é una ferramenta que permite a súa utilización mediante unha interface web o que permite a súa execución como un servizo na nube.

Adaptación a súa empresa

A cantidade de módulos dispoñibles e as capacidades de personalización de Odoo, fan que este poida ser adaptado segundo as necesidades do tipo de empresa. Así, o tipo de ferramentas necesarias para a xestión dunha empresa de produción son diferentes as de unha empresa de distribución por exemplo.

Tendo en conta isto, o GaiásTech Cloud ofrece dúas configuracións de Odoo diferentes. Unha orientada a empresas de produción, baseada en OdooMRP e configurada especificamente para a xestión dos procesos de fabricación. Por outra banda ofrécese outra solución cunha configuración orientada a empresas de Compra-Venda que inclúe módulos de TPV ou e-commerce.

Máis información sobre a ferramenta Odoo en: https://www.odoo.com

Para solicitar este servizo contacte co GaiásTech