Taiga

Taiga é unha plataforma libre e de código aberto para a xestión de proxectos áxiles.

Xa sexas desenvolvedor, deseñador ou xestor de proxectos, Taiga está pensada para ser o fundamento no que xestionar e colaborar en proxectos áxiles baseados principalmente en metodoloxía Scrum, Kanban ou Epics.
Como funcionalidades que compre destacar:
- Xestión de tickets/issues para levar conta das melloras que precisan os proxectos.
- Wiki, para ter un espazo no que manter o proxecto correctamente documentado.
- Tarefas. Actividades que se precisan para acadar un fito.
- Videoconferencia.
- Integración con redes sociais e outras aplicacións corporativas
- Slack.
- GitHub.
- GitLab.
- Bitbucket.
Así mesmo, se xa se conta con unha ferramenta similar e se desexa facer unha migración a Taiga, este ofrece, de xeito integrado, mecanismos para que poidamos importar os nosos proxectos dende Trello, Jira, Asana, Github.
Distribuído baixo a licenza Affero GPL, está baseada nas tecnoloxías AngularJS, empregado na capa de cara aos usuarios, e no framework Django, para xestionar a parte do backend.
Para solicitar este servizo contacte co GaiásTech