Tenda en liña con Wordpress | Gaiástech

Tenda en liña con Wordpress

Compras en liña

Wordpress é un sistema de xestión de contido orientado inicialmente á creación de blogs.

Trátase dunha ferramenta de código aberto e libre distribución, empregada na actualidade para o funcionamento de máis de 60 millóns de blogs de diferente índole. Wordpress destaca pola súa simpleza, fácil manexo e por ser mantido por unha comunidade de voluntarios que contribúen con milleiros de plugins e temas para personalizar webs de calquera xeito imaxinable.

Algo máis que un blog

O demostrador de Wordpress do GaiásTech conta ademais co engadido adicional de ter precargado o plugin WooCommerce. Esta extensión permite a transformación de Wordpress nunha tenda de comercio electrónico.

WooCommerce é unha ferramenta ideal para tendas cun catálogo pequeno, o que a converte nunha opción moito máis eficaz e funcional que outras alternativas no mercado para este tipo de tendas.

O GaiásTech Cloud presenta un demostrador de Wordpress previamente poboado cun catálogo de mostra, concretamente un catálogo de roupa xa plenamente configurado que permite dende un primeiro instante explorar as posibilidades reais deste produto.
Máis información sobre a ferramenta Wordpress en: https://wordpress.org/

Para solicitar este servizo contacte co GaiásTech