Zabbix, solución de monitorización de redes

Zabbix é unha ferramenta de software libre para monitorización de redes.

Permite monitorizar e rexistrar o estado de varios servizos nunha rede de ordenadores, servidores ou hardware da propia rede interna dunha organización, como os que se teñan dispoñibles a través de Internet.
Entre as súas características destacan:
- Verificar a dispoñibilidade e nivel de resposta de varios servizos como por exemplo servizos web ou de correo.
- Permite obter estatísticas como carga dunha CPU, uso de disco, ancho de banda da rede…
- Permite monitorizar servizos a través de protocolos como SNMP, TCP, ICMP ou SSH e telnet.
- Zabbix está dispoñible baixo a licenza de software Libre GPL.
Casos de éxito: Horgalín e Hijos de Rivera (https://www.mancomun.gal/entrevista/casos-de-exito-de-zabbix-hogarlin-e…)
Máis información: https://www.mancomun.gal/artigo-tic/zabbix-solucion-para-monitorizacion…
Para solicitar este servizo contacte co GaiásTech