Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Fomento do Talento | Gaiástech

Fomento do Talento

Fomento do talento
A falta de persoal cualificado neste sector é un problema a nivel internacional, e por tanto, tamén a nivel rexional, motivo polo que nos últimos anos desde Galicia está a facerse un esforzo importante en mellorar a formación e concienciación de empresas e sociedade no ámbito da seguridade.

CIBER.gal apoia a potenciación do talento a través de iniciativas e programas de participación cos axentes do sector.

DigiTalent

DigiTalent é un programa da Xunta de Galicia que busca reducir a fenda crecente entre a demanda e a dispoñibilidade de talento dixital e promover que a cidadanía conte coas capacidades necesarias para desenvolverse plenamente no ámbito dixital tanto na súa vida persoal como profesional. DigiTalent atende aos diferentes perfís da cidadanía segundo o punto do ciclo vital no que se atopen.

Formarse en Ciberseguridade en Galicia

En Galicia é posible formarse e no ámbito da Ciberseguridade para incorporarse a un ámbito profesional cun forte crecemento e con presenza en Galicia

Máster interuniversitario de Ciberseguridade

Galicia conta máster interuniversitario de Ciberseguridad entre a Universidad da Coruña e a de Vigo que ten por obxectivo formar profesionais de alta  cualificación en todos os procesos técnicos, organizativos, operativos e forenses relativos á seguridade dixital. O máster colabora con axentes do sector que se articula mediante a colaboración de profesionais na docencia e a realización de prácticas en empresas que desenvolven a súa actividade no ámbito da ciberseguridade.

Este máster conta ademais coa Cátedra  R en  Ciberseguridad, co obxectivo de promover o desenvolvemento das competencias profesionais do alumnado universitario, mellorar a capacitación e ampliar os coñecementos, técnicas e habilidades así como o  fomento da formación continua, a innovación e a investigación na área da  Ciberseguridade.

Adicionalmente, desde finais de 2016 a Universidade de Vigo conta coa Cátedra  Deloitte en  Ciberseguridade, dirixida a estudantes, profesionais en activo e empresas e que pon en marcha iniciativas de divulgación dirixidas a todos os cidadáns.

Máster en tratamento e protección de Datos

Título propio da Universidade de Santiago de Compostela, busca mellorar a formación dos titulados superiores e os especialistas en seguridade e xestión/tratamento de datos, tanto en organizacións/institucións públicas, como privadas.

Cursos de especialización en ciberseguridade para a Formación Profesional

A oferta de Formación Profesional en Galicia contempla a realización de cursos de especialización no ámbito da  ciberseguridade para complementar a formación dos ciclos de grao medio e superior no ámbito dos sistemas de información.

Actualmente é posible realizar dous cursos de especialización no ámbito da  ciberseguridade, ambos de 720 horas de duración: Ciberseguridade en contornas das tecnoloxías da información impartido no  CIFP Rodolfo  Ucha Piñeiro de Ferrol e  Ciberseguridade en contornas das tecnoloxías de operación impartido no  CIFP Politécnico de Santiago.

A formación neste ámbito capacita para exercer como experto no campo da ciberseguridade para a realización de diagnósticos de ciberseguridade, identificación de vulnerabilidades, e definición e posta en práctica das medidas para a mellora da seguridade dos sistemas de información.

A oferta de prazas o limitada, e para optar á realización dos cursos compre ter superada algunha das titulacións de grao superior de formación profesional recoñecidas para o acceso na normativa que regula cada curso e realizar o proceso de solicitude. A información relativa o acceso e procedemento de admisión pódese consultar nesta páxina http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-cursos-especializacion-2020-2021.