Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Obxectivos estratéxicos | Gaiástech

Obxectivos estratéxicos

Nodo IA
A intelixencia artificial permitirá dar resposta a algúns dos retos máis inminentes aos que se enfronta Galicia: o cambio demográfico e a transición ecolóxica, recollidos na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable.

Para avanzar cara a este obxectivo, a Xunta de Galicia promoverá, enmarcado na Estratexia Galega de Intelixencia artificial, unha contorna de colaboración coordinado e sumando os esforzos do sector público e privado, cos seguintes obxectivos estratéxicos:

  • Promover a adopción de intelixencia artificial por parte do sector público a través da implementación de futuras infraestruturas que fortalezan a dispoñibilidade, interoperabilidade e calidade dos datos en áreas como os servizos sociais e de saúde, o medioambiente, a educación ou cultura e patrimonio, á vez que garante a privacidade.
  • Promover o goberno do dato a través de enfoques e estruturas organizacionais que permitan a innovación baseada en datos baseada no marco legal existente.
  • Traballar na integración de Galicia no espazo de datos europeo a favor da soberanía dixital da Unión Europea fronte a outros competidores mundiais.
  • Fomentar a incorporación das pemes galegas á era das tecnoloxías intelixentes, claves para aumentar a súa produtividade. A forte atomización e o seu pequeno tamaño dificúltanlles abordar estes investimentos por si mesmos.
  • Lanzar un proxecto conxunto e coordinado en áreas como investigación e innovación (I+i), o desenvolvemento das habilidades dixitais avanzadas necesarias ao longo da vida, así como a formación de capital humano cualificado en intelixencia artificial.
  • Mobilizar e investir de maneira eficiente e coordinada os recursos públicos e privados, tanto europeos como nacionais e rexionais, en beneficio da sociedade galega.