Alfresco - xestor de contidos empresarial

Alfresco é un Xestor de Contidos Empresarial (ECM) que entre outras funcionalidades inclúe unha completa solución de Xestión Documental que automatiza a captura, xestión, almacenamento e preservación de contidos e documentos dixitais relacionados cos procesos da organización.

Todo elo a través dun navegador web e unha interface amigable e intuitiva. Trátase da solución de xestión documental líder do mercado en software libre coas seguintes características:
- Xestión documental.
- Colaboración ampliada na empresa.
- Goberno da información.
- Xestión de procesos.
Adaptación a súa empresa
Alfresco ofrece un completo conxunto de características e un paquete transparente e sinxelo que permite axilizar os fluxos de traballo co extra engadido de ser unha plataforma de código e estándares abertos. Alfresco permite o control da documentación e os seus procesos relacionados mellorando os seguintes puntos:
- A organización e consolidación do contido para mellorar a produtividade e manter o control da información corporativa que aporte valor.
- Compartir a información coas persoas de dentro e fora da organización, incluídos os socios e clientes.
- Favorecer o cumprimento de normativas coa xestión de documentos de arquivo integrada á perfección de principio a fin.
- Automatizando e optimizando os procesos empresariais críticos, como a tramitación de facturas e as aprobacións de gastos.
Máis información sobre a ferramenta Alfresco en: https://www.alfresco.com
Para solicitar este servizo contacte co GaiásTech