Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

La Amtega lanza la edición junior do programa tecnólogo por un día para nenos e nenas de 12 a 14 anos | Gaiástech

La Amtega lanza la edición junior do programa tecnólogo por un día para nenos e nenas de 12 a 14 anos

Niños y tecnología
  • O prazo de inscricións permanecerá aberto dende mañá ata o vindeiro 28 de abril
  • Esta edición desenvolverase grazas á colaboración de profesionais voluntarios de seis empresas TIC galegas
  • Ata 30 estudantes poderán participar en distintas sesións online nun formato áxil e dinámico para achegarse ás profesións dixitais

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) activa a partir de mañá o programa Tecnólogo por un día JUNIOR dirixido a estudantes de 12 a 14 anos. Os nenos e nenas interesados en participar poderán inscribirse ata o vindeiro 28 de abril desde os centros educativos, a través do persoal docente.

Sesións online áxiles e dinámicas

No momento da inscrición, o alumnado poderá elixir as súas preferencias entre as 30 prazas dispoñibles e as asignacións realizaranse posteriormente aplicando o resultado dun sorteo. Serán as empresas quen contacten co alumnado posteriormente para concretar a data e o horario da sesión que se desenvolverán ao longo do mes de maio.

Nesta ocasión, colaboran no programa profesionais voluntarios de seis empresas TIC galegas: Dos Espacios, Inetum, Satec, Sivsa, Sixtema e Tecalis; que desenvolverán distintas sesións online nun formato áxil e dinámico para achegar as profesións dixitais ás persoas máis novas.

Nesta quenda acollerase ata 30 participantes, que poderán somerxerse a través das distintas sesións online na realidade destes traballos e adentrarse nos proxectos, ferramentas e/ou coñecementos que empregan as persoas que traballan no sector no seu no día a día; resolver dúbidas vocacionais que poidan plantexarse; ou coñecer cales son as capacidades que demandan as empresas neste eido.

No espazo web do programa atópase dispoñible toda a información, así como o modelo de autorización necesario para participar na actividade: https://digitalent.xunta.gal/es/node/691

Fuente: Amtega