Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Programa de capacitación: "Formación plataforma ThinkingCity " | Gaiástech

Programa de capacitación: "Formación plataforma ThinkingCity "

Streaming

O obxectivo deste programa de capacitación é diseminar as capacidades da plataforma ThinkingCity como unha evolución práctica das arquitecturas FIWARE, destacando o seu papel na integración de tecnoloxías avanzadas para a xestión intelixente das cidades. Esta plataforma non só aproveita os estándares abertos e a interoperabilidade promovidos por FIWARE, senón que tamén introduce melloras orientadas á escalabilidade, análise de datos en tempo real e soporte á toma de decisións. Así, ThinkingCity preséntase como unha solución madura que facilita a creación de servizos urbanos innovadores, optimizando recursos, mellorando a calidade de vida da cidadanía e impulsando a transformación dixital dos contornos urbanos. 
 

Programa:

Martes 2 de xuño 
Arquitectura

  • Descrición da arquitectura da plataforma ThinkingCity: Desde o núcleo FIWARE ata o seu estado actual

Xoves 4 de xuño 
Cadros de mando + verticais

  • Integración de verticais e creación de cadros de mando ThinkingCity

Martes 9 de xuño 
E2E + portal de administración

  • Explotación práctica da plataforma ThinkingCity

Xoves 11 de xuño 
Operacións

  • Nocións sobre o despregamento, operación e monitorización da plataforma ThinkingCity

Organiza:

Nodo Galego de Conectividade. Conectivi.gal

É unha iniciativa para promover e dinamizar o sector TIC galego, mediante actividades de formación e networking para agrupar aos diferentes axentes que poidan requerir ou executar proxectos relacionados coa conectividade.

Más Información

  • A inscripción ao curso é de balde por orde de inscrición.
  • A capacitación é de un total de 8h, 2 horas por cada sesión
  • Para emitir un certificado de participación á capacitación será obrigatorio asistir como mínimo ao 80% das horas totais.
  • A asistencia será controlada ao inicio e ao remate da sesión e requirirase unha participación activa en cada sesión.
     
conectividad_smart_cities

¿Cuándo?

02 Jun 2026 - 11 Jun 2026
04 de Xuñ 2026, 09 de Xuñ 2026 e 11 de Xuñ 2026. En horario de 10:00 a 12:00h

¿Dónde?

Streaming

¿Para quién?

Profesionais e perfís técnicos interesados en plataformas dixitais, xestión de datos e solucións innovadoras aplicadas á contorna urbana, así como persoas con interese na plataforma ThinkingCity.