Programa de capacitación: "Formación plataforma ThinkingCity "
O obxectivo deste programa de capacitación é diseminar as capacidades da plataforma ThinkingCity como unha evolución práctica das arquitecturas FIWARE, destacando o seu papel na integración de tecnoloxías avanzadas para a xestión intelixente das cidades. Esta plataforma non só aproveita os estándares abertos e a interoperabilidade promovidos por FIWARE, senón que tamén introduce melloras orientadas á escalabilidade, análise de datos en tempo real e soporte á toma de decisións. Así, ThinkingCity preséntase como unha solución madura que facilita a creación de servizos urbanos innovadores, optimizando recursos, mellorando a calidade de vida da cidadanía e impulsando a transformación dixital dos contornos urbanos.
Programa:
Martes 2 de xuño
Arquitectura
- Descrición da arquitectura da plataforma ThinkingCity: Desde o núcleo FIWARE ata o seu estado actual
Xoves 4 de xuño
Cadros de mando + verticais
- Integración de verticais e creación de cadros de mando ThinkingCity
Martes 9 de xuño
E2E + portal de administración
- Explotación práctica da plataforma ThinkingCity
Xoves 11 de xuño
Operacións
- Nocións sobre o despregamento, operación e monitorización da plataforma ThinkingCity
Organiza:
Nodo Galego de Conectividade. Conectivi.gal
É unha iniciativa para promover e dinamizar o sector TIC galego, mediante actividades de formación e networking para agrupar aos diferentes axentes que poidan requerir ou executar proxectos relacionados coa conectividade.
Máis Información
- A inscripción ao curso é de balde por orde de inscrición.
- A capacitación é de un total de 8h, 2 horas por cada sesión.
- Para emitir un certificado de participación á capacitación será obrigatorio asistir como mínimo ao 80% das horas totais.
- A asistencia será controlada ao inicio e ao remate da sesión e requirirase unha participación activa en cada sesión.
Cando?
02 Xuñ 2026 - 11 Xuñ 2026Onde?
Para quen?
Profesionais e perfís técnicos interesados en plataformas dixitais, xestión de datos e solucións innovadoras aplicadas á contorna urbana, así como persoas con interese na plataforma ThinkingCity.