Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Actuacións e destinatarios | Gaiástech

Actuacións e destinatarios

Actuacións e destinatarios
As actuacións do GaiásTech diferéncianse segundo o seu público destinatario e contribuirán ao seu posicionamento como unha iniciativa singular.

As actividades encádranse nas seguintes tipoloxías.

  • Experiencias GaiásTech.- Actividades de experimentación no contorno de inmersión: visualización de contidos dixitais e desenvolvemento de contidos de realidade aumentada e realidade virtual.
  • Nodos GaiásTech.- Actuacións e servizos derivados da rede de nodos de especialización tecnolóxica de Galicia: retos, laboratorio dixital (maker dixital), xeración de ideas e propostas de innovación social dixital.
  • Difusións e demostracións.- Demostracións tecnolóxicas, formación, divulgación e sensibilización, aceleración, sesións temáticas (MesD), xornadas, sesións sectoriais e sesións locais.
  • Servizos de información e experimentación: Aplicacións na nube listas para usar e probar (GaiásTech Cloud), vixilancia tecnolóxica, axenda tecnolóxica e boletín GaiásTech.
  • Banco de talentos.- Sesións e obradoiros para fomentar as vocacións tecnolóxicas de nenos/as e xuventude e xornadas temáticas arredor dunha tecnoloxía.
  • Mapa de capacidades.- Directorio de capacidades e axentes tecnolóxicos.
  • Difusión de actividades e servizos, servizos de busca e consulta, xeración de mapas e explotación da información do mapa.

Destinatarios

Deseñamos actividades diferenciadas para os nosos colectivos preferentes, que son:

  • Empresas, especialmente pemes.
  • Axentes integrantes do ecosistema dixital: empresas tecnolóxicas, universidades e grupos de investigación, centros tecnolóxicos ou singulares, entes asociativos, nodos, hubs etc.
  • Cidadanía:
    • Profesionais do tecido produtivo.
    • Cidadanía sénior.
    • Mocidade.
    • Público infantil.
  • Organismos e tecido asociativo.