Espazos e equipamento

Dispoñemos de equipamento propio para realizar as nosas actividades e as organizadas en colaboración con outros axentes. Ás veces, tamén utilizamos espazos e recursos doutras Administracións públicas (Cidade da Cultura, Aulas CeMIT etc.)
Estes son os nosos recursos, se precisas algún deles contáctanos.
Salas / Zonas
O GaiásTech atópase no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura.
Conta cunha superficie superior aos 500 m2 con zonas diferenciadas:
- Baixo
- EXPERIMENTUM Sala de Demostración.- Sala de 52 m2 con capacidade para 15 persoas* que conta con pantalla e equipamento de son para celebrar actos.
- Sala Inmersiva.- Sala de 40 m2 con proxección nas 4 paredes que permitirá mergullarse en contidos 360º.
- INVENTIUM Salas de ideas x4.- Salas con capacidade para 5 persoas para manter reunións e usos variados.
- INGRESSUM Bancada e Muro de vídeo.- Espazo con capacidade para 45 persoas* en fronte do Muro de Vídeo.
- 1º andar
- IMAGINARIUM Espazo creativo.- Espazo con postos de traballo equipados con luces individuais, tomas eléctricas e conexión a Internet por cable.
- OFFICIUM Estacións de traballo.- Espazo de traballo e para manter reunións 1v1 con tomas eléctricas e conexión a Internet por cable
- COLLOQUIUM Área Colaborativa.- Espazo para lecer, relaxarse e facer contactos.
*A capacidade pode verse reducida por mor das restricións sanitarias.
SOLICITAR ESPAZO VISITA VIRTUAL
Equipamento
O Centro conta con equipamento especializado para a demostración e experimentación dixital:
- Muro de vídeo – Wall. Pantalla de grandes dimensións situada en fronte da bancada.
- Pantalla da sala de demostración
- Espazo inmersivo. Sala con proxección nas 4 paredes que permitirá mergullarse en contidos 360º.
- Monitor interactivo táctil
- Proxector portátil de distancia ultracurta.
- Lentes de realidade virtual