A aposta por unha contorna dixital segura
A aposta por unha contorna dixital segura
O nodo
CIBER.gal é o nodo conformado polas administracións públicas galegas e institucións privadas que, de maneira colaborativa, buscan facer frente á crecente amenaza que supoñen os ataques cibernéticos e aproveitar as oportunidades que presenta a nova era dixital
Colaboradores
CIBER.gal como estrutura para a cooperación e promoción no ámbito da ciberseguridade, colabora con entidades tanto públicas como privadas para converterse no espazo galego de referencia para o intercambio de coñecemento e ideas que permita dar resposta tanto á cidadanía, pemes e administración como ás propias necesidades do sector para apoiar o seu desenvolvemento.