Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Automatiza, Conecta, Protexe. Xornada práctica de seguridade industrial para o tecido de Galicia | Gaiástech

Automatiza, Conecta, Protexe. Xornada práctica de seguridade industrial para o tecido de Galicia

Presencial (Centro GaiásTech) e Streaming
Imparte: Grupo Sermicro

A transformación dixital da industria galega non pode esperar. Pero facela sen ciberseguridade é como navegar sen cartas de navegación.

En Galicia, reunimos nun mesmo espazo —presencial e en streaming— aos responsables de planta, directores de operacións, CIOs e técnicos de automatización para abordar o gran desafío da industria conectada: como asegurar a automatización sen frear a innovación.

Ao longo desta sesión práctica, cunha duración de 4 horas, trataranse as seguintes cuestións:

  1. Demostracións en directo de como a Intelixencia Artificial e os Sistemas SOC poden detectar unha ameaza nunha liña de produción antes de que pare a planta.
  2. Casos reais de seguridade en contornos de IoT industrial, aplicables a pemes e grandes empresas.
  3. Un workshop participativo onde levaremos un problema real sobre a mesa e deseñaremos entre todos unha estratexia de defensa para contornas OT.

Programa:

  • 09:00 a 09:30 Recepción e rexistro asistentes - Café
  • 09:30 - 10:15 Monitorización e Vixilancia de Seguridade OT/IoT
    • Relatores:
      • Pedro Estévez  BDM InprOTech
      • Olivier Bailliez - Sáelles Manager Rapid7 (Virtual)
      • Miguel Rey 
  • 10:15 - 11:00 Mesa redonda Cumprimento e normativas NIS2 e IEC62443
    • Modera: Javier Pouso - Director de Galicia Grupo Sermicro.
    • Relatores:
      • Fernando Lombos - BDM/KAM  Cyse Ciberseguridade e Dato Grupo Sermicro
      • Juan González - Director de Seguridade e Privacidade Gradiant
      • Pedro Estévez - BDM InprOTech
      • Antonio Martínez - SME OT Security  STORMSHIELD
  • 11:00 a 11:30 Café e networking
  • 1:30 a 12:30 Seguridade Perimetral e segmentación en contornas OT1
    • Antonio Martínez - SME OT Security STORMSHIELD
    • Óscar Arostegui - Account Manger STORMSHIELD
  • 12:30 a 13:30 Ferramentas de seguridade industrial e OT/IoT
    • Rafael Tortajada - SME OT Security INGECOM
  • 13:30 Peche do evento
     

Imparte:

Grupo Sermicro

empresa integradora de referencia en Solucións e Servizos no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC). Ofrecemos unha longa experiencia avalada pola confianza que os nosos clientes depositaron en nós durante máis de 30 anos.

Máis Información

Actividade organizada en colaboración co Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal:

nodo_ciber

seguridad industrial

Cando?

12 Mar 2026
De 09:30 a 13:30

Onde?

Presencial (Centro GaiásTech) e Streaming

Quen participa?

  • Grupo Sermicro

Para quen?

Para as que están a automatizar, para as que xa o fixeron e queren protexerse, e para as que empezan agora e necesitan facelo ben desde o primeiro día.