Ciberseguridade. Os teus primeiros pasos
LIGAZÓN AO STREAMING: https://www.youtube.com/live/hZjM9EW25As?si=EqQuZQdMeaZzK6t9
A xornada “Ciberseguridade, os teus primeiros pasos” celébrase para a a conmemoración das All Digital Weeks, unha campaña anual de inclusión e empoderamento dixital.
Programa:
O obxectivo desta sesión é sensibilizar á cidadanía, especialmente ao colectivo de persoas maiores, sobre a importancia de estar informados e formados en ámbitos clave como a pegada dixital en Internet, o uso seguro das redes sociais, as técnicas de engano utilizadas polos atacantes e como identificar e combater a desinformación na rede.

Organiza:
Impartido por
Manuel Rivas (en representación da Amtega)
Graduado en Dereito. Conta cunha una dilatada experiencia como consultor GRC no mundo das novas tecnoloxías e a seguridade da información. Actualmente é formador en concienciación de ciberseguridade e protección de datos
Máis Información
Charla impartida grazas ao financiamento dos fondos MMR

Cando?
01 Abr 2025Onde?
Quen participa?
- Manuel Rivas (en representación da Amtega)
Para quen?
Público en xeral, pero en especial para maiores de 55 anos