Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

COLABORA DE FORMA SEGURA CON NEXTCLOUD, A TÚA OFICINA VIRTUAL FLEXIBLE E DE CÓDIGO ABERTO | Gaiástech

COLABORA DE FORMA SEGURA CON NEXTCLOUD, A TÚA OFICINA VIRTUAL FLEXIBLE E DE CÓDIGO ABERTO

Presencial (Centro GaiásTech) e Streaming
Imparte: RCA Systems

Nextcloud estableceuse nuns anos de forte crecemento como alternativa sólida ás ferramentas desenvolvidas polas grandes tecnolóxicas, supoñendo para as empresas unha solución sinxela para a colaboración dixital sen renunciar ao control sobre os seus datos e procesos.

Esta charla quere dar a coñecer esta ferramenta de orixe europea a través dunha demostración práctica, acompañada de algunhas recomendacións para o seu despregamento rápido e optimizado.
 

Programa:

  • Presentación de RCA Systems
  • Vantaxes de Nextcloud Hub en termos de autonomía dixital, produtividade e privacidade
  • Demostración da plataforma:
    • Files: sincronización de arquivos e copias de seguridade
    • Office: edición colaborativa
    • Talk: chat, videollamadas e webinars
    • Groupware: app de produtividade con calendario, contactos, xestión de proxectos e webmail
    • Asistente baseado e intelixencia artificial xenerativa
    • Extensibilidad grazas á tenda de aplicacións
  • Como empezar con Nextcloud Hub
  • Conclusión e rolda de preguntas
  • Café - networking
     

Imparte:

RCA Systems

Proporciona servizos avanzados, asesoramento e aloxamento da plataforma de colaboración de código aberto Nextcloud Hub. 
Grazas a unha ampla experiencia adquirida asesorando organizacións con ata millóns de usuarios, RCA Systems acompaña aos clientes en todas as fases da implantación, desde a proba de concepto ata a posta en marcha e o mantemento dun servizo escalable e seguro. RCA Systems é partner oficial de Nextcloud GmbH e Collabora Productivity Ltd.
 

Impartido por

Pietro Marini
Pietro Marini

fundou RCA Systems en 2023 despois de máis de 10 anos traballando na industria TIC como programador e consultor en varios países europeos. Desde 2018 vive e traballa en Coruña.
 

ia

Cando?

23 Set 2025
De 10:00 a 11:00

Onde?

Presencial (Centro GaiásTech) e Streaming

Quen participa?

  • RCA Systems
  • Pietro Marini

Para quen?

Pemes e autónomos que desexan dixitalizar e optimizar a xestión dos seus documentos e procesos empresariais de maneira segura e flexible.