Como concienciar a plantilla sobre a ciberameaza existente? O factor humano como clave da ciberseguridade.
Actividade enmarcada no contexto do grupo de traballo de empresas do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas a colaboración de ADENDA, entidade adherida a CIBER.gal, e a Deputación de Ourense, entidade fundadora de CIBER.gal.
Programa:
Charla de concienciación onde a finalidade será crear conciencia da importancia da ciberseguridade, así como coñecer os seus riscos nas pemes.
A sesión conta cos seguintes obxectivos:
- Concienciar e sensibilizar sobre a importancia da ciberseguridade.
- Fomentar o uso de boas prácticas entre pemes, micropemes e autónomos.
- Trasladar os riscos de ciberseguridade existentes nas pemes.
- Explicar como o factor humano segue a ser o vector de ataque principal e o eslabón mais feble da ciberseguridade.
- Trasladar a especial incidencia que supón un ciberataque sobre a protección de datos persoais.
O desenvolvemento e a axenda da sesión presentan a seguinte estructura:
- Concepto de Seguridade / Ciberseguridade.
- En que se basea a Ciberseguridade?
- Responsabilidades e prexuízos (estafas, perda de datos, parte legal).
- Tipos de riscos e ataques.
- Exemplos dos anteriores.
- Solucións.
- Vantaxes de ter formación e políticas de Ciberseguridade
Imparte:
ADENDA - Consultoría Jurídica
Entidade adherida a CIBER.gal
Organiza:


Impartido por
Cando?
15 Xuñ 2022Onde?
Quen participa?
- ADENDA - Consultoría Jurídica
- Diego Estévez García
Para quen?
Profesionais e directivos de pemes e micropemes, e autónomos interesados en coñecer as necesidades e ventaxas de empregar medidas de ciberseguridade.