Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Con Elas explorando o futuro. Faladoiro con Almudena Justo | Gaiástech

Con Elas explorando o futuro. Faladoiro con Almudena Justo

Streaming

No eixo da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o Centro GaiásTech organiza tres faladoiros para que as relatoras invitadas compartan os seus coñecementos, experiencias e perspectivas únicas sobre diversos temas tecnolóxicos. 

O obxectivo da iniciativa é motivar e inspirar ás mulleres e nenas interesadas en incursionar en sectores STEM.

Programa:

Fujitsu International Quantum Center - Directora Xeral
Almudena é Enxeñeira Química, Msc Enxeñería Ambiental e bioprocesos. MEng Enerxía e sustentabilidade. Project Management Professional - Project Management Institute (PMP-PMI) e Executive MBA en International Business.

Almudena conta com unha dilatada experiencia en postos executivos de desenvolvemento de negocio, transferencia tecnolóxica e xestión de ecosistemas de innovación público privados en diferentes ámbitos tecnolóxicos, a nivel internacional. Traballou en distintos proxectos estratéxicos público-privados de transformación dixital, como os sistemas de innovación agraria, smart cities e zonas de baixas emisións, transformación dixital do sector da auga, etc. Polo seu coñecemento tecnolóxico, de negocio e a súa ampla experiencia en financiamento público á I+D+i, é experta externa da Comisión Europea e o Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía en creación de negocio, emprendemento e transferencia tecnolóxica, traballando en distintos verticais como enerxías renovables, economía circular e materias primas.

Interveñen

Colabora:

fujitsu

almudena

Cando?

28 Feb 2024
De 10:00 a 10:30

Onde?

Streaming

Para quen?

Rapaces e rapazas de entre 12 e 16 anos.