Coñece a tecnoloxía que permite aforrar combustible nos coches | Gaiástech

Coñece a tecnoloxía que permite aforrar combustible nos coches

Centro GaiásTech e Streaming
Imparte: Autoxuga

Inscríbete

O obxectivo da sesión é que as persoas saiban como poden aforrar uns 600 €/ano en combustible e avarías nos coches, reducindo o consumo de combustible nun 25%-30% e diminuíndo un 45% a pegada de carbono CO₂ utilizando un software desenvolvido por Autoxuga que instalado nun smartphone, e ca axuda dun adaptador OBD, permite a calquera persoa adquirir coñecementos suficientes para acadar os obxectivos propostos.

Programa:

  • Funcionamento das centrais electrónicas dos coches 
  • Actuación dos sensores que interveñen no consumo
  • Maximizar o rendemento termodinámico dos motores
  • Mostrar un software que examine os tempos de inxección 
  • Medición da potencia dos motores
  • Caixa negra que mide aceleracións e deceleracións en accidentes 
  • Explicación a nivel elemental dos apartados anteriores 
  • Quenda de preguntas
     

Interveñen

Imparte:

Autoxuga

Empresa española que elabora, desde hai máis de 25 anos, programas informáticos de xestión, recambios, contabilidade e técnica. Fabrica equipos de diagnóstico multimarca e tamén adaptadores OBD, e programa aplicacións de Android para que a clientela poida facer a valoración dos seus coches sen acudir ao taller. Os programas de Autoxuga proporcionan un  valor engadido para as empresas por ser desenvolvedores de programas dixitais “antihacker”.

Motor

Cando?

23 de Marzo de 2022
De 16:30 a 17:30

Onde?

Centro GaiásTech e Streaming

Quen participa?

Autoxuga

Para quen?

Para todas a persoas que teñan coches, tanto empresas como particulares, compañías de seguros, concesionarios e talleres da automoción, empresas de renting, leasing e alugueiro sen condutor, estudantes de FP e enxeñeiros.