Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Consellos para comprar seguro por internet. | Gaiástech

Consellos para comprar seguro por internet.

Modalidade online
Imparte: INCIBE

A Asociación Somos-Digitaé unha entidade que agrupa a institucións, entidades e colectivos que traballan na creación, dinamización e mantemento de espazos públicos destinados ao fomento da Sociedade da Información. 

Somos-Dixital súmase un ano máis ao  #DiaDeInternet, unha iniciativa de dinamización social que se constrúe ao redor das novas tecnologías e ao día 17 de maio, data designada pola ONU para a súa conmemoración a nivel mundial.

Este ano, o lema elixido é ‘Internet para as persoas maiores e o envellecemento saudable’, supoñendo unha oportunidade para exercer a responsabilidade social a favor do bo uso das novas tecnologías e de facilitar o acceso á Sociedade da Información, con especial atención aos colectivos con risco de exclusión (persoas maiores, con discapacidade...).

Así, Somos-Dixital pon en marcha unha serie de actividades tales como o reto Camiña en Dixital,  Webminars formativos sobre servizos dixitais e un Escape Room virtual como peche do reto Camiña en Dixital.

Dentro do programa de webminars, inclúese unha temática específica que abarca o fomento de habilidades para navegar de forma segura por internet.

O primeiro deles, celébrase o 9 de maio e será impartido polo Instituto Nacional de Ciberseguridade.

Programa:

Seminario enfocado a facilitar aos usuarios pistas e recomendacións que deben ter en conta antes de realizar unha compra online, mellorando a súa experiencia de usuario e evitando posibles fraudes online cos que se poidan atopar ao navegar pola Rede.

Data: Luns, 9 maio.

Horario:10:30 horas a 11:30 horas.

Entidade impartidora: INCIBE.

Relator: Ruth García Ruiz, técnico de Ciberseguridade en INCIBE para a cidadanía.

Imparte:

INCIBE

O Instituto Nacional de Ciberseguridade de España (INCIBE), anteriormente Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación, é unha sociedade dependente do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia artificial e consolidada como entidade de referencia para o desenvolvemento da ciberseguridade e da confianza dixital de cidadáns, rede académica e de investigación, profesionais, empresas e especialmente para sectores estratéxicos.

Organiza:

SD2

Máis Información

Webminar1

Cando?

09 Mai 2022
10:30h a 11:30h

Onde?

Modalidade online

Quen participa?

  • INCIBE

Para quen?

Peronas maiores interesadas en mellorar as súas capacidades dixitais para facer un uso seguro da tecnoloxía.