É a ciberseguridade só para grandes empresas?
Unha xornada virtual que dará resposta á seguinte pregunta: "Pensas que a ciberseguridade é cousa só das grandes empresas?" A cámara de Comercio de Santiago de Compostela, organiza coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal esta interesante xornada. O foco estará posto na sensibilización sobre a ciberseguridade nas empresas, grandes e pequena. Contarán tamén co apoio de CSIRT.gal, o centro de resposta a incidentes de ciberseguridade da Amtega - Xunta de Galicia, ademáis da colaboración do Departamento de Competitividade de Cámara España para o programa Ciberseguridade.
Programa:
O programa desta xornada centrarase nas seguintes liñas:
- Actualidade da ciberseguridade
- Quero mellorar a ciberseguridade do meu negocio
Ao finalizar a intervención, abrirase unha quenda de preguntas entre todos os participantes que desexen solventar as súas cuestións.
Imparte:
Cámara de Comercio de Santiago de Compostela
A Cámara de Comercio de Santiago é unha corporación de Dereito Público, que ten como misión principal a representación e defensa dos intereses económicos xerais. A Cámara ten, polo tanto, un carácter transversal, estando facultada por lei para realizar aquelas actividades e servizos que sexan necesarios para a representación, promoción e defensa dos intereses xerais de comercio, industria, servizos e navegación das empresas da súa demarcación territorial. .
Impartido por
Justo López Romero
Experto en Goberno, Risco e Cumprimento en materia de ciberseguridade.
Cando?
16 Dec 2021Onde?
Quen participa?
- Cámara de Comercio de Santiago de Compostela
- Justo López Romero