Mensaxe de aviso
Please go to manage Open ReadSpeaker and fill the customer ID.Facturación electrónica obligatoria: domina VeriFactu e Facturae dende o teu ERP
Presentar como un ERP integra e automatiza os procesos empresariais nunha única plataforma, mellorando a eficiencia, o control da información e a toma de decisións. A sesión mostrará unha solución modular e adaptable a distintos sectores, con exemplos prácticos en distribución, retail, servizos técnicos, fabricación e xestión de proxectos.
Programa:
- Benvida e introdución
- A transformación dixital nas empresas e o papel dun ERP multisectorial.
- Visión integral da empresa
- Compras, vendas, almacén, finanzas, contabilidade e CRM.
- Mobilidade e acceso á Información
- Ferramentas móbiles e acceso aos datos en tempo real.
- Toma de decisións baseada en datos
- Business Intelligence, cadros de mando e indicadores clave.
- Dixitalización dos processos
- Trazabilidade, produción, proxectos e servizo técnico.
- Novas oportunidades de negocio
- E-Commerce, automatización e mellora da experiencia do cliente.
- Casos prácticos e demostración
- Exemplos reais de aplicación en distintos sectores.
- Quenda de preguntas e respostas.
Imparte:
Team System | Distrito K
Pertencente ao grupo Team System, é unha empresa galega cuxa sede está situada na Coruña, desde 1997 desenvolve e comercializa software de xestión empresarial. A día de hoxe con máis de 6000 clientes, 17.000 licenzas instaladas e 48.000 usuarios, son un referente no mercado do software de xestión nacional para todo tipo de empresas e sectores.
Impartido por
Sonia Varela Pérez
É consultora de software con máis de 20 anos de experiencia no sector tecnolóxico e de consultoría ERP.
Cando?
30 Xuñ 2026Onde?
Quen participa?
- Team System | Distrito K
- Sonia Varela Pérez
Para quen?
Este webinar está dirixido a responsables de dirección, xerencia, administración, finanzas, operacións e tecnoloxía de pequenas e medianas empresas que buscan mellorar a xestión e o control dos seus procesos. A solución presentada é especialmente axeitada para empresas de distribución, fabricación, servizos técnicos, alimentación, subministracións industriais, comercio retail, téxtil, automoción, náutica, carpintería e outros sectores que precisen integrar e optimizar a súa operativa diaria.