Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Hora de evolucionar: software de xestión flexible para impulsar ás empresas galegas | Gaiástech

Hora de evolucionar: software de xestión flexible para impulsar ás empresas galegas

Streaming

O obxectivo da sesión é axudar ás empresas galegas a identificar os límites do software de xestión tradicional e descubrir alternativas máis vivas e flexibles. A través de experiencias reais de compañías galegas, mostrarase como o software pode converterse nun aliado estratéxico para o crecemento e a adaptación continua.
 

Programa:

  • Principais retos das empresas galegas co software de xestión actual.
  • Como detectar se o teu software está a frear o crecemento da túa empresa.
  • Estratexias para gañar flexibilidade e adaptar o software á realidade do negocio.
  • Casos de éxito en Galicia: Delagro e Pescapuerta.
  • Unha nova visión do software de xestión: vivo, adaptable e pensado para ti.
  • Preguntas e debate coas persoas asistentes.
     

Imparte:

Velneo (Grupo Visual MS)

Compañía tecnolóxica galega, premiada como a plataforma número 1 mundial en español, con máis de 20 anos desenvolvendo solucións de xestión flexibles e adaptables para empresas de diferentes sectores, con proxección internacional.
 

velneo

Cando?

18 Set 2025
De 10:00 a 11:00

Onde?

Streaming

Quen participa?

  • Velneo (Grupo Visual MS)

Para quen?

Dirixido a xerentes, responsables de áreas nas PEMEs galegas, e empresas galegas que queiran aprender como aliñar o seu software de xestión coa realidade do seu negocio.