Innovación e ciberseguridade para unha Galicia máis resiliente
O evento de Aniversario do Centro de Innovación en Ciberseguridade TEGRA está centrado na innovación, cun compoñente institucional sobre estratexia de ciberseguridade e potenciación da I+D en ciberseguridade a nivel nacional.
Presentaranse as innovacións de TEGRA e contarase coa presenza e participación de Amtega e INCIBE.
Para poder seguir o evento é necesario inscribirse aquí.
Programa:
09:30 - 09:40 Benvida
- Sergio Dos santos Vilchez – Director Innovation – Telefonica Tech
09:40 - 09:50 Presentación do evento
- Patricia Argerey Vilar, Directora de GAIN
09:50 - 10:00 Presentación de resultados innovación TEGRA
- Juan Elosua – Codirector de TEGRA – Telefónica Tech
- Juan González - Codirector de TEGRA – Gradiant
10:00 - 10:10 Panorama da ciberseguridade en Galicia e comparativa
- Félix Barrio Juárez – Director Xeneral – INCIBE
10:10 - 10:20 Mellorando a ciberintelixencia compartida dende a innovación
- Iago López Román – CISO – Gradiant
10:20 - 10:30 Evolución das iniciativas públicas de ciberseguridade en Galicia.
- Adrián Lence Paz – Director de Infraestruturas e Seguridade – AMTEGA
10:30 - 10:40 Casos de uso da tecnoloxía Shadow no mercado
- Isabel Hernández Ruíz – CEO – Shaadow.io.
10:40 - 11:00 Peche e axuste de tempos
- Luís Pérez Freire – Director xeneral – Gradiant
Organiza:
TEGRA - Centro de Innovación en ciberseguridade que conta coa vocación de situar a Galicia como un axente relevante no ámbito da ciberseguridade e crear emprego cualificado nun sector de gran demanda e potencial de crecemento. Este proxecto foi impulsado por Telefónica e Gradiant e conta co apoio da Xunta de Galicia.
O obxectivo de TEGRA Cybersecurity Center é desenvolver produtos e servizos para mellorar a seguridade da información das empresas mediante técnicas criptográficas avanzas, deseñar mecanismos de comprobación da identidade no acceso á información e ferramentas de análises de datos, ademais de sistemas de clasificación de documentación e de detección de accesos irregulares á información.
Cando?
20 Set 2022Onde?