A innovación nas librarías
O obxectivo da sesión é formar ás librarías e as diferentes entidades do sector sobre os usos e a presencia das novas ferramentas tecnolóxicas.
Inscricións ata o 1 de outubro.
*Nova actualización da sala de celebración da xornada: Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura (no Edificio da Biblioteca)
Programa:
09:30 - 10:00 Benvida | Anxo Lorenzo - Director xeral de cultura da Xunta de Galicia e Cielo Fernández - Presidenta da Federación de librarías de Galicia
10:00 - 11:30 Riscos e oportunidades na IA para librarías | Dra. María Luz Castro Pena - Doutora en Informática)
11:30 - 12:00 Pausa café
12:00 - 14:00 Conferencia "De contra Amazon a Chat GPT“ | Jorge Carrión, escritor e crítico literario español
14:00 - 15:00 Pausa comida (necesítase inscrición previa: https://forms.gle/p8AScufz7mNvr8DN7)
15:00 - 17:00 "Unha libraría independente, o modelo francés: tradición e novas tecnoloxías” | Laurent Garin - Xerente da Librairie Le Pavé du Canal e presidente de l’École de la librairie)
Organiza:
Federación de Librarías de Galicia
É unha institución constituída sen fins de lucro, integrada por librarías con establecemento aberto na Comunidade Autónoma de Galicia, que ven desenvolvendo a súa actividade, sen interrupción dende o 29 de outubro de 1977, destaca por defender e promocionar os intereses do sector do libro. Actualmente está formada por 149 librarías.
Cando?
09 Out 2024Onde?
Para quen?
Todas as librarías interesadas e calquera entidade relacionada co sector do libro