Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Máis reservas, menos esforzo: claves para rendibilizar a túa web. | Gaiástech

Máis reservas, menos esforzo: claves para rendibilizar a túa web.

Centro GaiásTech e Streaming

O obxectivo da sesión é achegar ás empresas turísticas de actividades, experiencias e circuítos as claves para mellorar a súa presenza dixital, simplificar a súa operativa diaria e aumentar as súas reservas en liña.

A través de exemplos prácticos e recomendacións estratéxicas, exploraremos como a dixitalización non só impulsa as vendas, senón que tamén facilita a xestión e eficiencia do negocio.
 

Programa:

  • Benvida
  • “Máis reservas, menos esforzo: claves para rendibilizar a túa web”, a cargo do equipo de FareHarbor 
  • Caso práctico: experiencia de Pablo Mariño, fundador de Bluscus Turismo Mariñeiro
  • Preguntas e Respostas
  • Networking
     

Imparte:

sea_turismo

Cando?

29 Abr 2025
De 10:30 a 12:00

Onde?

Centro GaiásTech e Streaming

Quen participa?

  • FareHarbor
  • Bluscus: Turismo Marinero en Galicia

Para quen?

Esta sesión está dirixida a empresas do sector turístico en Galicia que ofrecen actividades, visitas guiadas, experiencias e excursións, e que buscan novas formas de crecer, chegar a máis clientes e facer o seu día a día máis sinxelo grazas á dixitalización.