Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Presentación de Tecalis Avatar Identity Technology | Gaiástech

Presentación de Tecalis Avatar Identity Technology

Streaming e Centro GaiásTech
Imparte: Tecalis

Inscrición

Transmitir que é e en que consiste a primeira tecnoloxía de identificación de identidade de avatares no  metaverso. A fraude de identidade é cada vez máis frecuente en calquera ámbito e espazo tecnolóxico actual, e o eminente  metaverso preséntase como un dos espazos que poderán sufrilo facilmente. Este espazo na nube estará marcado polos avatares, as identidades e as novas relacións tecnolóxicas pero, como estaremos seguros de que o outro é quen di ser?

Mediante técnicas avanzadas baseadas en intelixencia artificial e  machine  learning, realízanse os controis e comprobacións necesarias en tempo real, para proceder á certificación de que ese avatar é quen di ser.
 

Programa:

  • Presentación da Tecalis Avatar  Identity de verificación de identidade de avatares no metaverso.
  • Rogos e preguntas
     

Interveñen

Imparte:

Tecalis

A empresa tecnolóxica galega Tecalis está especializada no desenvolvemento de produto dixital innovador que impulsa a competitividade, os procesos de crecemento, transformación dixital e a produtividade de empresas líderes a nivel mundial. Os seus procesos de verificación  biométrica de identidade,  KYC e probas de vida avanzadas convertérona en  Trust  Services  Provider (certificado pola Unión Europea) e en líder en tecnoloxía  Identity a nivel internacional.
 

tecalis_metaverso

Cando?

15 Xuñ 2022
17:00-19:00

Onde?

Streaming e Centro GaiásTech

Quen participa?

  • Tecalis

Para quen?

Organizacións, persoas e usuarios interesados en coñecer a primeira tecnoloxía que combate a suplantación de identidade de avatares no  metaverso e as súas consecuencias, así como a tecnoloxía que confirma que detrás dese avatar existe unha persoa con identidade verificada.