Sorry, you need to enable JavaScript to visit this website.

Protección de datos: conceptos básicos e aplicación práctica. | Gaiástech

Protección de datos: conceptos básicos e aplicación práctica.

Online - Dúas sesións formativas de 1h de duración.

 

 

INSCRÍBETE

Actividade enmarcada no contexto do grupo de traballo de empresas do nodo CIBER.gal, grazas á colaboración de Altia, empresa adherida a CIBER.gal, e á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), entidade fundadora de CIBER.gal. 

Programa:

A actividade formativa componse de dúas sesións: unha sesión inicial orientada ao coñecemento, e outra sesión final destinada á posta en práctica do coñecemento adquirido.

As sesións están enfocadas para que os asistentes poidan coñecer e entender as principais obrigas legais que impón a normativa de protección de datos, poidan contar con pautas sinxelas que axuden ao cumprimento normativo, analizar casos reais e explicar como se poderían evitar condutas ilícitas, e emitir consellos prácticos a aplicar no exercicio diario das funcións profesionais, que permitan manter a privacidade dos datos aos que se ten acceso.

 

1ª sesión: 27 de abril

Inicio da sesión - 16:00h 

Desenvolvemento da sesión (1h) - Sesión orientada a coñecer as principais obrigas que impoñen as normativas de protección de datos. 

Fin da sesión - 17:00h

 

2ª sesión: 3 de maio

Inicio da sesión - 16:00h

Desenvolvemento da sesión (1h) - Sesión práctica na que se trasladarán unha serie de boas prácticas que permitirán instaurar unha óptima de cumprimento normativo en materia de protección de datos nas organizacións. Así mesmo, resolveranse casos prácticos mediante os cales se dará resposta a algunhas preguntas frecuentes. Entre outras: como protexer os datos dos clientes, como reaccionar e actuar se se produce unha brecha de seguridade, como usar ferramentas últiles tales como Facilita RGPD e Comunica-Brecha, da AEPD.

Fin da sesión - 17:00h 

Organiza:

Logo Altia 

Empresa colaboradora e adherida oficialmente ao nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal.

 

FEGAMP

 

Entidade fundadora do nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal.

Impartido por

Jon Peralta
Jon Peralta

Consultor Legal - Protección de Datos y Derecho TIC en Altia

Raquel Arias
Raquel Arias

Consultora de Protección de Datos en Altia

Máis Información

A actividade formativa é gratuíta, enmarcada no contexto do grupo de traballo de empresas do Nodo CIBER.gal.

É necesario inscribirse previamente para poder asistir ás sesións formativas. 

A inscrición xestiónase de forma automática para as dúas sesións: a teórica e a práctica.

Para asistir á sesión práctica (3 de maio), será preciso acudir á sesión teórica previa (27 de abril). 

Actividad Altia

Cando?

27 Abr 2022 - 03 Mai 2022
e 03 Maio 2022

Onde?

Online - Dúas sesións formativas de 1h de duración.

Quen participa?

  • Jon Peralta
  • Raquel Arias

Para quen?

Responsables de tratamento de datos de pemes e micropemes.

Profesionais interesados en coñecer as obrigas respeto ás normativas de protección de datos.